A Coruña un cambio

No Bloque Nacionalista Galego queremos, sabemos e comprometémonos a facer da Coruña unha cidade modelo. Unha cidade que sexa modelo de calidade urbana asentado na democratización dun espazo público accesíbel para todas e todos convertendo rúas e prazas en lugares de convivencia.

Ideas claras

O Distrito do Mar: abrir a cidade ao mar cun novo polo de servizos, transporte e industria.

A clave da proposta está en dous equipamentos: (1) o intercambiador de transporte por vía férrea, marítima e a través de buses interurbanos e (2) o futuro gran hospital da cidade que englobaría atención e investigación nun espazo máis axeitado para desenvolver ambas actividades, vitais para a poboación.

Últimas novas

Actualidade do BNG da Coruña

Avia Veira, actual portavoz municipal do BNG na Coruña no seu despacho

Avia Veira: “propoñemos que o Concello da Coruña reclame a cesión dos pisos da Torre dos Mariñeiros ”

O Bloque salienta a necesidade de que o Concello debe aumentar o seu parque de vivenda municipal destinado a aluguer social e entende que o feito de que unha Administración pública teña en propiedade pisos baleiros debe verse como unha oportunidade.

As nacionalistas lembran que no pasado mandato os grupos municipais da Marea Atlántica, do PSdG-PSOE e do BNG apoiaron unha moción proposta por Stop Desafiuzamentos na que se acordaba que o Concello da Coruña desenvolvería políticas encamiñadas a reducir a desocupación de vivendas e a aumentar o parque de vivendas municipal.

Ler Máis >>

Francisco Jorquera: “Presentaremos unha iniciativa co fin de recuperar a Casa Cornide”

O BNG celebra a demanda da Avogacía do Estado á familia Franco pola venda fraudulenta do Pazo de Meirás, unha demanda que non sería posíbel sen o traballo da Deputación da Coruña, coa nacionalista Goretti Sanmartín Rei á fronte, sen os colectivos de memoria histórica , sen os activistas do 19 de Meirás, e sen o traballo de investigación de Carlos Babío e Manuel P. Lorenzo.

Para as nacionalistas, o caso da Casa Cornide está aínda máis claro porque a poxa estivo claramente amañada e porque o inmóbel era propiedade do Concello da Coruña.

Ler Máis >>

A candidatura do BNG para as municipais

Un equipo cohesionado e con bagaxe

Francisco Jorquera

Barrio do Castrillón
Candidato á Alcaldía

Avia Veira

Barrio de Montealto

Mercedes Queixas

Barrio dos Mallos

Patricia Cordo

Meicende

David Soto

Barrio dos Rosales

Isabel Risco

Barrio da Pescaría

Os temas da campaña

Experiencia e compromiso coa Coruña

A clave da proposta está n o intercambiador de transporte por vía férrea, marítima e por estrada e o futuro gran hospital. O intercambiador precisa dun tráfico intenso de viaxeiros para ser eficaz como polo de comunicación. O hospital precisa de boas comunicacións desde calquera punto da área metropolitana.

As políticas de mobilidade son centrais para garantir o dereito á cidade, empezando por unha accesibilidade universal, salvando barreiras físicas, sociais e económicas. Colocar ás persoas no centro das políticas públicas significa pensar e construír unha cidade á medida das persoas e limitar a apropiación privada do espazo público.

Queremos facer da cultura unha marca propia da Coruña, porque somos conscientes do potencial creativo desta cidade en todas as pólas, xa milenarias, desta árbore que é a cultura galega. A creatividade nesta cidade é inxente, diversa, integradora, feminista, inclusiva,  galega e plural. E nace coa raíz aquí e ten vocación universal. 

A vivenda é unha necesidade social básica para colectivos moi diversos. Recuperemos EMVSA como o que realmente ten que ser: unha empresa pública de vivenda, a ferramenta para que na Coruña haxa de vez políticas que incentiven o aumento do parque de vivendas, se promova a rehabilitación e se incida nos prezos do alugueiro.   

Para recuperar a vitalidade dos barrios é preciso descentralizar e fortalecer o comercio de proximidade e mellorar as condicións do espazo público. E facelo da man da veciñanza, atendendo primeiro ás súas demandas concretas. Espallemos a cultura e recuperemos os mercados para que sexan a locomotora do comercio.

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.