A candidatura do BNG da Coruña

A mudanza que A Coruña precisa empeza por unha acción de goberno capaz e solvente fundamentada na firme defensa do público e cun compromiso decidido por unha cidade igualitaria e inclusiva. Con diálogo permanente, fomento da participación real, e pensando a comarca desde políticas integradoras.

Francisco Jorquera, candidato á alcaldía polo Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Francisco Jorquera

Nº1 - O Castrillón

57 anos. Licenciado en Historia. Foi senador, deputado no Congreso e no Parlamento galego. Foi o candidato do BNG á Presidencia da Xunta en 2012. Preside a Fundación Galiza Sempre.

Avia Veira, número 2 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Avia Veira

Nº2 - Monte Alto

32 anos. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Portavoz do BNG na Coruña desde 2015, é concelleira desde 2012 e militante nacionalista desde os 16 anos.

Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Mercedes Queixas

Nº3 - Os Mallos

50 anos. Licenciada en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués). Profesora no ensino secundario. Secretaria xeral da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e membro do Consello Escolar Municipal.

Patricia Cordo, número 4 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Patricia Cordo

Nº4 - Meicende

32 anos. Traballadora de telemárketing e membro do comité de empresa de Extel.

David Soto, número 5 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

David Soto

Nº5 - Os Rosales

29 anos. Profesor de Dereito Procesual na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Membro de Esculca. Fixo parte da candidatura en 2015.

David Soto, número 6 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Isabel Risco

Nº6 - Peixaría

44 anos. Actriz. Graduada en Pedagoxía Teatral. Premio Mestre Mateo 2014. Participou nas candidaturas do BNG nas Europeas de 2014 e nas Locais e Xerais de 2015.

Alberte G. Nicolás, número 7 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Alberte G. Nicolás

Nº7 - A Falperra

25 anos. Fisioterapeuta, traballa nunha clínica na Coruña. Responsábel comarcal de Galiza Nova.

MAría Seixo, número 8 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

María Seixo

Nº8 - Os Mallos

55 anos. Enfermeira no CHUAC. Portavoz da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña. Membro de SOS Sanidade Pública. Participou da candidatura do BNG en 2015.

Xosé Iglesias, número 9 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Xosé Iglesias

Nº9 - Palavea

44 anos. Mariñeiro e poeta.

Ricardo Vales, número 10 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Ricardo Vales

Nº10 - Monte Alto

66 anos. Xubilado do Laboratorio da Coruña do Instituto Oceanográfico. Portavoz da Comisión Aberta de Defensa do Común.

Celia Armas, número 11 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Celia Armas

Nº11 - Os Rosales

44 anos. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesora no ensino secundario. Activista pola lingua.

Marisol Mirás, número 12 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Marisol Mirás

Nº12 - Agra do Orzán

53 anos. Licenciada en Xeografía e Historia. Funcionaria na Universidade da Coruña. Fixo parte da candidatura en 2015.

Yolanda Naya, número 13 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Yolanda Naya

Nº13 - Os Mallos

45 anos. Responsábel de xestión e márketing en I3D. Activista no movemento feminista. Participou da candidatura ás municipais en 2015.

Xulio Moskowich, número 14 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Xulio Moskowich

Nº14 - O Birloque

47 anos. Traballador de Alcoa e membro do comité de empresa na factoría da Coruña. Fixo parte da candidatura en 2015.

Anxo Sánchez, número 15 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Anxo Sánchez

Nº15 - Elviña

29 anos. Deseñador Web Freelance. Militante nacionalista desde os 16 anos. Participou da candidatura do BNG en 2015.

Manuel Vázquez, número 16 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Manuel Vázquez

Nº16 - Os Castros

Xubilado. Membro da Plataforma de Emigrantes Retornados.

Anxa González, número 17 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Anxa González

Nº17 - Zalaeta

Xubilada. Traballou como docente en educación secundaria.

Roberto Tizón, candidato do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Roberto Tizón

Nº18 - Os Castros

Funcionario da Administración desde hai 35 anos.

Carme Sanjulian, número 19 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Carme Sanjulián

Nº19 - Zalaeta

55 anos. Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora do Departamento de Letras da UdC. Autora de “A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo“, ensaio galardoado co Premio Sempre en Galiza 2002.

Gonzalo Flores, número 20 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Gonzalo Flores

Nº20 - Cidade Vella

64 anos. Enxeñeiro agrario. Funcionario da Xunta.

Teresa Ramiro, número 21 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Teresa Ramiro

Nº21 - Os Mallos

60 anos. Mariscadora. Poeta. Membro da Plataforma de Defensa da Ría do Burgo.

Antonio Lozano, candidato do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Antonio Miguel

Nº22 - Os Rosales

60 anos. Mariñeiro xubilado.

Beatriz Gómez, candidata do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Beatriz Gómez

Nº23 - Cances - A Silva

59 anos. Licenciada en Arte e en Museoloxía. Traballadora autónoma. Activista polos dereitos das persoas con diversidade funcional e inteletual, e pola memoria histórica.

Saleta Seixo, candidata do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Saleta Seixo

Nº24 - Monte Alto

40 anos. Asesora de Seguros. Autónoma.

Eduardo Freire, candidato do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Eduardo Freire

Nº25 - Os Castros

55 anos. Funcionario. Delegado sindical. Secretario Comarcal de Administración na CIG.

Lydia Bouzas, candidato do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Lydia Bouzas

Nº26 - Palavea

23 anos. Estudante de Dereito na UdC e membro da Xunta de Facultade por Erguer.

Xosé Luis Armesto, candidato do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Xosé Luís Armesto

Nº27 - Perillo (Oleiros)

70 anos. Actualmente Profesor Emérito da UDC. Vivo en Perillo. Traballei 44 anos na Universidade. Xubileime o ano pasado como Catedrático de Química Física. Fun Reitor da UDC de 2012 a 2016. Os meus traballos centrárose no estudo da Calidade e potabilización das Aguas e no estudo cinético de degradación de contaminantes. Na década dos 90 fun responsable da CIG Universidade.