Avia Veira
Número 2 e actual voceira municipal do BNG.
Foi a raíz da desfeita do Prestige que decidín organizarme en política. Eu tiña daquela 16 anos e entendín que as galegas e galegos somos quen de defendernos por nós mesmas.
Estiven en Galiza Nova e máis adiante, xa na universidade, participei tamén dos CAF e fun membro do Claustro da UDC e do seu Consello de Goberno como representante do estudantado.
Estudei Filoloxía Galego-Portuguesa desde 2004 a 2009, e formei parte da lista do BNG ao Senado pola Coruña no 2008, cando ía en terceiro de carreira. Despois estiven na lista das municipais do 2011 e entrei como concelleira a finais do ano seguinte.
Levo seis anos e pico na política local, podo dicir que me apaixona facer política e logo destes catro anos creo que estou preparada para asumir máis responsabilidades.


Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?
- Coñece as nosas propostas e o noso programa.
- Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
- Consulta a axenda do día.
- Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.