David Soto

Número 5 da candidatura do BNG da Coruña.

Estudei Dereito na UDC e fixen un mestrado en Dereito da Unión Europea, tamén teño a medio rematar a a carreira de Ciencias Políticas. Participei do programa Erasmus na Universidade de Colonia. 

Antes e durante a carreira traballei en hostelería, como enquisador e como socorrista acuático. Máis tarde traballei como axudante dunha procuradora e logo fixen prácticas nun bufete especializado en Dereito penal. 

Dende o 2014 son profesor de Dereito procesual na UDC, e estou a piques de defender a miña tese sobre arbitraxe de investimentos internacional. Teño feito estancias de investigación no Max Planck de Dereito procesual internacional de Luxemburgo e na Corte Constitucional de Ecuador. 

Aparte diso, colaboro en Esculca dende hai anos.

Avia Veira, David Soto e Patricia Cordo, candidatos do Bloque Nacionalista Galego da Coruña
  • O meu nome completo é David José Soto Díaz.
  • Nacín no ano 89, teño 29 anos.
  • Vivo no barrio dos Rosais.

Podemos falar nas redes:

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.