Francisco Jorquera

Número 1 e candidato a alcaldía.

Estudei Historia na USC, estou casado e teño un fillo e unha filla.

Son ferrolán de nacemento e coruñés de adopción, cidade na que botei raíces e sinto como miña.

Iniciei a miña militancia aos 17 anos e pertenzo ao BNG dende a súa fundación. Fun dirixente de ERGA e os CAF nos anos mozos e logo desenvolvín distintas responsabilidades organizativas e institucionais, defendendo con orgullo e dignidade os intereses de Galiza nas Cortes e no Parlamento Galego.

Dende 2016 presido a Fundación Galiza Sempre. Agora teño a honra de poder traballar en primeira liña pola miña cidade.

Gosto do mar, da lectura, do cinema e da boa música.

Son nacionalista por convicción e necesidade, porque na Galiza ser  nacionalista é unha cuestión de supervivencia como país.

Francisco Jorquera imaxe parque quen son
  • O meu nome completo é Francisco Jorquera Caselas.
  • Nacín no ano 61, teño 57 anos.
  • Vivo no barrio do Castrillón.

Podemos falar nas redes:

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.