Isabel Risco

Número 6 da candidatura do BNG da Coruña.

Son actriz, clown e pedagoga teatral. 

Comecei en grupos de teatro universitario na Coruña, na escola Casahamlet e asistindo a cursos de mestres como Eric de Bont, Carlo Colombaioni ou Manuel Lourenzo, entre outros.

No ano 2000 empecei a traballar no teatro profesional en compañías como Ibuprofeno Teatro ou Manicómicos,  e desde 2001 fago parte de Trinketrinke Teatro, especializada en teatro infantil e dinamización á lectura.

Gradueime en Pedagoxía Teatral na Universidade da Coruña ao tempo que traballaba como actriz en series e programas de televisión, e en varias longametraxes. 

Fun Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto, e tamén recibín o premio á mellor actriz no festival Teatro Galego do Carballiño, en 2015, coa obra “O Furancho”, de Ibuprofeno Teatro.

Isabel Risco, candidata número 5 do Bloque Nacionalista Galego da Coruña
  • O meu nome completo é Isabel Martínez Risco-Valdivieso.
  • Nacín no ano 74, teño 44 anos.
  • Vivo no barrio da Pescaría.

Podemos falar nas redes:

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.