Mercedes Queixas

Número 3 da candidatura do BNG da Coruña.

Defínome como unha traballadora da palabra desde as diferentes vertentes en que me implico: como docente, como escritora, como formadora, como dinamizadora cultural. Son licenciada en Filoloxía Española e Filoloxía Galego-Portuguesa pola UDC, exerzo como docente en educación secundaria no ensino público galego desde 1996.

Desde 2005 fago parte do consello directivo da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) como Secretaria xeral. E participei no Consello Escolar Municipal neste último mandato.

Descubrín a cidade aos tres anos. Iniciei a miña vida escolar na Coruña, mais sen perder nunca a ollada de esguello cara á escola da vida da aldea. A outra vida á que fuxía periodicamente en calquera data que supuxese un mínimo tempo de lecer. Sempre a cidade e a aldea. Ou a cidade contra a aldea.

No instituto de Monelos espertei a un mundo novo. Nas súas aulas descubrín a capacidade da miña lingua para me aprender palabras “finas” de filosofía, física e química, matemáticas… As palabras de meus avós e de meus pais en primeira liña e fóra do ámbito restrinxido da miña casa.

Vivo e habito esta Cidade Alta. Comparto horizontes de sol, ventos do nordés, argazo e salitre, vogais abertas e pechadas, foliadas novas, con moitas persoas boas que me rodean, que me aprenden, emocionan, fan rir, sorprenden, animan, acariñan, bican. Vivo contaxiada de moita vida viva. O resto ignóroo. Aprendino a tempo. Receita básica de sobrevivencia neste proceso de continua degustación que é a existencia.

Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego da Coruña
  • O meu nome completo é Mercedes Queixas Zas.
  • Nacín no ano 68, teño 50 anos.
  • Vivo no barrio dos Mallos.

Podemos falar nas redes:

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.