Patricia Cordo

Número 4 da candidatura do BNG da Coruña.

Son Técnica superior en integración social e estudante de psicoloxía pola UNED. Desde 2007 até hoxe (agás un breve período de oito meses que me adiquei á hostalaría) traballo como teleoperadora e monitora de obradoiros de igualdade con menores.

Tamén fun delegada sindical da CIG en 2009 e 2010 na empresa Sykes e desde 2012 desempeño esas funcións en Extel (antiga Eurocen).

Son membro da Executiva Nacional da federación de banca da CIG e responsable nacional do sector de centros de chamadas.

María Seixo, David Soto e Patricia Cordo, candidatos do Bloque Nacionalista Galego da Coruña
  • O meu nome completo é Patricia Cordo Ares.
  • Nacín no ano 86, teño 32 anos.
  • Vivo no barrio de Meicende.

Podemos falar nas redes:

WhatsApp do Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Sabías que podes falar directamente coas candidatas do BNG?

  • Coñece as nosas propostas e o noso programa.
  • Pregúntalle a Francisco Jorquera, a Avia Veira ou a outra membro da candidatura.
  • Consulta a axenda do día.
  • Envíanos suxestións, queixas, críticas ou o que ti desexes.