Avia Veira (sobre os terreos do porto): “Vostedes, nin plan nin consulta”

A nacionalista lembrou o pleno da corporación acordara unha consulta popular sobre a devolución dos terreos do porto cos votos do BNG e da Marea Atlántica. “Negociámolo até o último minuto, lembra señor Varela? Aprobouse e non fixeron nada...”

“Botamos de menos un plan real, integral e ambicioso. Un plan que tiñan que ter empezado a elaborar no momento en que accederon ao goberno e se abriu o melón do futuro dos terreos do porto. Un plan que lle tería servido ao goberno municipal para negociar coa Xunta e co Estado. Para opoñer uns usos futuros de mobilidade, transporte, equipamentos e zonas verdes fronte a opción da especulación da Xunta e do Estado… pero ese plan, que de verdade tería sido unha ferramenta útil, non o fixeron”, indicou Avia Veira este martes nun debate en Onda Cero co concelleiro de urbanismo Xiao Varela, quen tratou de facer pasar o concurso Tecendo Litoral como unha solución para o porto… “cando nin sequera se refire as terreos realmente afectados”, precisou a concelleira nacionalista.

Tamén tratou Varela de facer pasar o chamado proceso participativo do concurso por unha consulta á cidadanía. “Non é vinculante. A veciñanza non decide nada. Por iso o aceptaron o Estado e a Xunta, porque non os compromete a nada”, indicou Avia Veira.

A nacionalista lembrou que no 2017 (en marzo fará dous anos) o pleno da corporación acordara unha consulta popular sobre a devolución dos terreos do porto cos votos do BNG e da Marea Atlántica. “Negociámolo até o último minuto, lembra señor Varela? Aprobouse e non fixeron nada… Esa era a consulta fundamental, a verdadeira. E con iso si que o goberno municipal podería terse sentado a negociar, con músculo social e a cidade detrás. Tampouco o fixeron: nin plan nin consulta”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario