En apoio das activistas que salvan vidas no Mediterráneo

María Xosé Bravo, Ana Miranda e Francisco Jorquera visitan da man do capitán Marco Martínez o ‘Aita Mari’, barco de rescate da ONG Salvamento Marítimo Humanitario.
Que opinas desta nova?

Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía, visitou o Aita Mari, o barco de rescate da ONG Salvamento Marítimo Humanitario que atracou esta semana no porto da Coruña. Despois de participar na concentración de apoio aos activistas na concentración do pasado xoves diante da Delegación de Goberno, o candidato nacionalista, acompañado pola europarlametaria Ana Miranda e pola número dous da lista ao Congreso, María Xosé Bravo, entrevistouse co capitán do barco, Marco Martínez, para reiterar o apoio do BNG á labor que desenvolven os activistas nas fronteiras de Europa, singularmente no Mediterráneo, malia os obstáculos de Estados como o español e o italiano.

Martínez explicou ás nacionalistas a súa experiencia como capitán de barcos de rescate nas costas de Libia e lembrou que “no país norteafricano, convertido nun Estado fallido polas potenciais occidentais, as inmigrantes e os inmigrantes son capturados, torturados, en moitas ocasións mutilados, tamén violados e finalmente vendidos ou embarcados nun caiuco sen posibilidades de chegar a porto polas mafias que se ocupan da ‘externalización’ do control das fronteiras de Europa”. Martínez detallou ademais os obstáculos que os gobernos europeos impoñen continuamente aos activistas que se ocupan do labor humanitaria de rescate que eses mesmos gobernos están eludindo, e indicou que se seguen impedindo que o Aita Mari poidan participar en misións de rescate no Mediterráneo, “temos outras moitas fronteiras nas que traballar, e se é preciso reformaremos o barco, un vello pesqueiro do Cantábrico, para facer transporte de axuda humanitaria alá onde sexa necesaria”.

Miranda, Bravo e Jorquera insistiron no apoio do BNG á labor destas organizacións non gobernamentais e lembraron, ademais da misión na que a propia Ana Miranda participou en 2018, que as nacionalistas teñen mantido durante anos unha postura inequívoca de defensa dos dereitos humanos en todo o mundo e sempre crítica coa intervención colonial de Occidente en países como Libia. Mesmo Jorquera recordou que “cando se votou no Congreso sobre o apoio á intervención en Libia, só tres deputados votamos en contra: dous eramos do BNG e o terceiro foi Gaspar Llamazares”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario