En solidariedade coa causa de Catalunya

Francisco Jorquera participou no serán deste luns na concentración convocada pola plataforma Galiza con Catalunya na Coruña e fíxoo en solidariedade cos presos e as presas políticas independentistas e como acto de protesta perante a sentenza do Tribunal Supremo.

“A solución, autodeterminación”, “Liberdade, presos políticos” e “A democracia non é delito” foron algúns dos cánticos coreados durante unha mobilización que reuniu centos de persoas diante do edificio da Subdelegación do Goberno.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario