“Todos os responsábeis políticos deberiamos evitar calquera discurso que lexitime posicións machistas”

O candidato nacionalista á Alcaldía da Coruña chama a atención sobre a responsabilidade dos cargos públicos no combate da violencia machista e reclama “un discurso coherente para combater esta forma de terrorismo”.
“Todos os responsábeis políticos deberiamos evitar calquera discurso que lexitime posicións machistas”
5 (100%) 2 vote[s]

“Todos os responsábeis políticos, sexa no ámbito municipal, no autonómico ou no estatal, deberiamos verbalizar discursos que non lexitimen posicións machistas de forzas ultra nin descualifiquen o discurso a favor da igualdade”, dixo esta mañá na SER, durante o debate políticos dos luns, Francisco Jorquera. O candidato do BNG á Alcaldía advertiu da responsabilidade dos cargos políticos para combater a violencia contra as mulleres desde a tribuna pública, xusto no día que se coñecían tres asasinatos máis como consecuencia da violencia machista.

“Cando se substitúe o concepto violencia machista polo de violencia doméstica, ou cando se di que os maltratadores son simplemente homes que tratan mal ás mulleres… e isto estase escoitando en determinados discursos no Estado, o que se está a facer é lexitimar o machismo”, advertiu Jorquera antes de sinalar: “se introducimos ese tipo de discursos, o que estamos é alimentado o machismo, que é o sistema de valores que xera a violencia machista. Polo tanto, os responsábeis públicos temos que ter un discurso total e absolutamente coherente para combater esta forma de terrorismo que é a violencia machista”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario