Jorquera denuncia o intento do PP e do PSOE para que Bruxelas non atenda o problema da ría do Burgo

O BNG reclamará das corporacións municipais da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros un pronunciamento firme en prol da rexeneración urxente da ría e elevará a cuestión ao Parlamento galego.
Jorquera denuncia o intento do PP e do PSOE para que Bruxelas non atenda o problema da ría do Burgo
5 (100%) 2 vote[s]

Apenas unha semana despois de que a Xunta e o Estado anunciaran con pompa unha solución para a ría do Burgo, os eurodeputados do PSOE e do PP trataron de bloquear en Bruxelas calquera iniciativa comunitaria para que Europa fiscalice o cumprimento da lexislación ambiental. “O que aconteceu onte na Comisión de Peticións, onde houbo un intento de pechar a cuestión da ría do Burgo por parte do PSOE e do PP, demostra que o noso escepticismo estaba xustificado”, manifestou esta mañá Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, nunha rolda de prensa conxunta cos representantes dos colectivos afectados, a eurodeputada Ana Miranda e a concelleira na Coruña, Avia Veira. “Xa advertimos que aquilo que se presentou non era unha solución, porque entre outras cuestións importantes depende do visto bo da Comisión Europea e porque os intereses do PP e do PSOE son outros e nada teñen que ver coa defensa da ría e das veciñas e veciños afectados”.

Jorquera insistiu en que o BNG manterase firme no apoio ás plataformas de afectados, confrarías e traballadoras e volveu afirmar que “a presión social ten efectos” polo que o BNG reclamará das institucións, empezando polas corporacións municipais da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, un pronunciamento firme en prol da rexeneración urxente da ría do Burgo e elevará a cuestión ao Parlamento galego, dado que hai indicios “que foron suficientes para que a Comisión de Petición mantivera aberto o expediente” de que o Estado español segue a incumprir a normativa e as recomendacións da Comisión Europea.

O debate o luns na Comisión de Peticións

“Pagou a pena a viaxe. Afortunadamente, a presión social, a insistencia das plataformas e o traballo de Ana Miranda no Parlamento Europeo conseguiron que as peticións das afectadas nas rías galegas continúen abertas, malia a intención do PP e do PSOE de pechalas”, advertira Francisco Jorquera o día anterior, luns, ao remate da primeira xornada da misión de representantes das plataformas de defensa das rías da Coruña e Vigo e membros do BNG, que asistiron á intervención das plataformas e da eurodeputada Ana Miranda na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu “manter abertas” as peticións para que a Comisión Europea admita a nova información e investigue as denuncias contra a actuación das autoridades españolas que achegaron hoxe as plataformas galegas. Malia que os representantes do PP, e tamén Pepe Blanco, portavoz do PSOE -a quen a presidenta da Comisión de Peticións, Cecilia Wikström, tivo que chamar a atención: “non reproduzan aquí a parodia española”, díxolle- intentaron anular as peticións, a vía europea segue aberta na defensa das rías de Vigo e do Burgo, na Coruña.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario