Jorquera denuncia que o goberno municipal desoe a demanda veciñal dun parque na Agra

O candidato nacionalistas reuniuse con veciñas e advertiu que o BNG continúa apoiando a reclamación “dun parque en condicións na parcela do Observatorio”.

“O barrio da Agra sofre unha carencia absoluta de zonas veredes e unha demanda histórica das veciñas e veciños é a creación dun parque na contorna do Observatorio e das Adoratrices. Desde o BNG apoiamos e continuaremos apoiando que o barrio dispoña dun parque en condicións, nese lugar, e non a solución que agora se lanza desde o goberno municipal, que ademais só é unha cortina de fume”, dixo Francisco Jorquera, o candidato nacionalista á Alcaldía, despois dunha visita a Agra este martes.

“A solución que ofrece o goberno municipal prevé unha edificación excesiva na parcela das Adoratrices renunciando a explorar outras vías, como unha contrapartida económica aos promotores para que non edifiquen ou compensalos noutras zonas, non tan densas, con maior edificabilidade”, subliñou Jorquera despois de escoitar ás veciñas, que se manteñen firmes en reducir ao mínimo as posibilidades de que se constrúa neses terreos e queren evitar que o parque se reduza a case a metade da superficie total.

“O Concello está desoíndo as demandas da veciñanza e incumprindo os compromisos coa Agra do Orzán”, sostivo Jorquera, “mesmo está vendendo fume: porque nin negociou co Estado para obter os terreos para o parque e o anuncio público que fixo “foi unha aprobación inicial que debe pasar pola Xunta de Galiza e que esixe varios estudos”, o que supón que “a actuación non será inminente” e “por riba sen atender ao que piden as veciñas e veciños”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario