María Xosé Bravo e Xosé Manuel Carril, no equipo de campaña

Manuel Méndez, responsábel local, asume as funcións de coordinación no comité electoral do BNG que traballa desde hai meses para municipais do 26 de maio.

As xuntanzas do equipo de campaña empezaron no outono unhas semanas antes de que a candidatura de Francisco Jorquera e Avia Veira, como números 1 e 2 da lista para as municipais, fose lanzada oficialmente nun acto na Reitoría da UDC coa presenza de Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, e as candidatas e candidatos do Bloque nas localidades que conforman a comarca coruñesa.

Despois de rematado o proceso de elaboración da lista en dous tramos, que foron ratificados sucesivamente polo Consello Local e pola Asemblea nun proceso con amplo consenso, o grupo de traballo inicial pasa a constituírse en Comité Electoral e retomou os traballos de definición do programa coas achegas de militantes, simpatizantes e veciñanza en xeral.

Deste comité xa fan parte, xunto a Francisco Jorquera, Avia Veira e Mercedes Queixas o responsábel local do BNG, Manuel Méndez, que asume as funcións de coordinador de campaña; dous ex concelleiros, María Xosé Bravo e Xosé Manuel Carril; e militantes con dilatada experiencia na política municipal, como Antón Laxe, xunto ao responsábel local de Galiza Nova e número 7 da candidatura, Alberte G. Nicolás.

Na última semana de febreiro empezan as reunións dos grupos de barrio, que comenzarán a elaborar as propostas do programa para cada barrio. Os traballos para o programa continuarán durante os próximos dous meses, abertos tamén á participación de colectivos e entidades coas que os membros da candidatura veñen mantendo xuntanzas periódicas.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario