“Non habería debate se Inés Rey tivese ido á misa do Rosario a título persoal”

“Se Inés Rey tivese ido á misa do Rosario a título persoal, para nós non habería espazo para o debate. Haino porque asistiu a un oficio relixioso na súa condición de alcaldesa. Esa non é a forma de manter a necesaria separación entre a Igrexa e o espazo público”. Nestes termos expresouse Francisco Jorquera este martes durante a súa intervención na tertulia de Onda Cero Coruña.

Ler máis »
Avia Veira, actual portavoz municipal do BNG na Coruña no seu despacho

Avia Veira: “propoñemos que o Concello da Coruña reclame a cesión dos pisos da Torre dos Mariñeiros ”

O Bloque salienta a necesidade de que o Concello debe aumentar o seu parque de vivenda municipal destinado a aluguer social e entende que o feito de que unha Administración pública teña en propiedade pisos baleiros debe verse como unha oportunidade.

As nacionalistas lembran que no pasado mandato os grupos municipais da Marea Atlántica, do PSdG-PSOE e do BNG apoiaron unha moción proposta por Stop Desafiuzamentos na que se acordaba que o Concello da Coruña desenvolvería políticas encamiñadas a reducir a desocupación de vivendas e a aumentar o parque de vivendas municipal.

Ler máis »

Francisco Jorquera: “Presentaremos unha iniciativa co fin de recuperar a Casa Cornide”

O BNG celebra a demanda da Avogacía do Estado á familia Franco pola venda fraudulenta do Pazo de Meirás, unha demanda que non sería posíbel sen o traballo da Deputación da Coruña, coa nacionalista Goretti Sanmartín Rei á fronte, sen os colectivos de memoria histórica , sen os activistas do 19 de Meirás, e sen o traballo de investigación de Carlos Babío e Manuel P. Lorenzo.

Para as nacionalistas, o caso da Casa Cornide está aínda máis claro porque a poxa estivo claramente amañada e porque o inmóbel era propiedade do Concello da Coruña.

Ler máis »