O BNG comprométese a que os convenios co terceiro sector sexan “máis estábeis”

Durante unha visita á Fundación ADCOR, Jorquera comproba como a lentitude nos trámites administrativos e as dúbidas e os atrasos no cobro dos convenios provocan problemas de caixa ás entidades sociais.
O BNG comprométese a que os convenios co terceiro sector sexan “máis estábeis”
5 (100%) 1 vote[s]

“O labor que fan as organizacións do terceiro sector ten un interese social de primeira orde e por iso desde o BNG pensamos, e comprometémonos, a apoiar as súas demandas dunha maior axilidade nas tramitacións administrativas e de ter convenios máis estábeis co Concello, porque estas dúas cuestión repercuten directamente na súa capacidade financeira”, dixo Francisco Jorquera, o candidato nacionalista á Alcaldía, despois de visitar esta mañá a Fundación ADCOR, que no seu centro principal na Coruña conta cunha residencia con 32 prazas para maiores e 17 prazas para persoas discapacitadas, e que opera como centro especial de emprego para discapacitados físicos, sensoriais e intelectuais que desenvolven aquí traballos na cociña, na limpeza e na recepción.

Esta organización que se dedica a cubrir servizos esenciais alí onde o Estado non chega e ademais exemplar en canto a calidade do servizo e contribúe a dignificación dos residentes e usuarios”, indicou Francisco Jorquera, que visitou a fundación en compañía de Beatriz Gómez Amigo, a número 23 da lista ás municipais, e Alberto García Nicolás, o número 7 da candidatura. Despois de coñecer o programa de pisos tutelados (dous na Coruña, nos que conviven 9 persoas xunto a un monitor), Jorquera ponderou o esforzo de ADCOR por conseguir a autonomía dos usuario. O candidato nacionalista tamén valorou a aposta da fundación por dotarse de persoal con cualificación, ben remunerado suficiente para manterse por riba dos estándares. “É unha entidade exemplar con clara vocación de servizo público e de manter o emprego nun sector intensivo en man de obra”, indicou.

Os responsábeis do centro sinalaron que na actualidade a financiación é 50% privada (fundamentalmente derivada das prazas privadas da residencia de maiores) e 50% pública, con achegas tamén do Concello. E reclamaron maior dilixencia nos trámites administrativos e que os convenios municipais non sexan “permanentemente cuestionados” e pendentes de si se acordan ou non os orzamentos anuais. Lembraron ademais que nas prazas para maiores, a demanda é superior á oferta, e entre os seus proxectos está unha nova residencia para a que precisan solo público.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario