O BNG impulsa a retirada da distinción municipal a Fraga Iribarne

A concelleira nacionalista impulsou en solitario unha moción que dá voz a unha demanda do Colectivo de presas e presos políticos de Galicia na ditadura.
Que opinas desta nova?

“Fraga foi artífice e cómplice de toda a política represiva que aprobaba o Consello de Ministros franquista, de fusilamentos, cárceres, campos de concentración, despedimentos, exilio, TOP, violacións dos dereitos humanos, expedientes a xornalistas, peches de medios de comunicación e asasinatos de traballadores”, lembrou Avia Veira, lembrando as palabras dunha das vítimas da represión da ditadura a finais dos anos sesenta e principios dos setenta, na mesma época en que o Concello da Coruña concedeu a distinción de Fillo Adoptivo a Manuel Fraga, o 24 de decembro de 1968, e a Laureano López Rodó, o 15 de maio de 1972.

A concelleira nacionalista impulsou en solitario unha moción que dá voz a unha demanda do Colectivo de presas e presos políticos de Galicia na ditadura, a mesma que hai apenas unhas semana levou a corporación municipal de Ferrol a retirar as honras concedidas a Fraga durante a ditadura.
“En democracia, unha corporación democrática, non pode manter distincións honoríficas a colaboradores necesarios de ditaduras”, engadiu Veira, antes de que a votación resolvese a aprobación da moción cos votos da nacionalista, do goberno municipal e dos socialistas, e malia abstención do PP, que foi criticada por Veira: “é inexplicable que o PP defenda que se siga mantendo esta distinción, non conseguen desfacerse do seu pasado.”

O acordo insta o alcalde a presentar propoñer a revogación das distincións instruíndo un expediente. Ademais, a moción insta o alcalde a presentar unha proposta de revogación de distincións a alcaldes que participaron na sublevación militar de 1936, xogaron un papel destacado na represión ou ocuparon postos de responsabilidade na ditadura.

Balance de xestión: pensa o goberno municipal que cumpriu?

“Pensa o goberno municipal que cumpriu coas promesas electorais coas que se presentou as eleccións de 2015? Non se constituíu o Consello Económico e Social, non se reformou o Regulamento de Participación, non houbo consultas populares ni elaboración dun Plan de Vivenda, tampouco apertura do Parque do Observatorio ni habilitación dunha residencia de estudantes no NH Atlántico. Non se produciu a desafectación da veciñanza de Elviña ni a protección especial da contorna da Torre de Hércules nin a reordenación de liñas de bus. Non hai Plan Integral de Coidados nin Plan de Inclusión Social… Esgotei os tres minutos de exposición da pregunta sen poder completar a relación dos incumprimentos do goberno municipal”, dixo Avia Veira na quenda de preguntas orais ao goberno para resumir “un balance de xestión desolador”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario