O BNG ve prioritario superar o déficit nas infraestruturas ferroviarias

“O goberno municipal da Coruña foi incapaz de dialogar co Goberno central e coa Xunta para chegar a un acordo e impulsar a intermodal”, sinala Francisco Jorquera.
O BNG ve prioritario superar o déficit nas infraestruturas ferroviarias
5 (100%) 1 vote[s]

“Esta estación intermodal tantas veces prometida e nunca concretada é só unha parte da discriminación histórica que padece a cidade en materia de infraestruturas ferroviarias. Pero ademais é unha actuación particularmente urxente para a dinamización deste barrio dos Mallos”, valorou este sábado Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía, que compartiu un reparto no mercadiño matinal na Sardiñeira.

Jorquera considera que a cidade “non pode permitirse a situación que se deu nestes últimos catro anos”. E lembrou que, por unha banda, as deputadas e deputados galegas que obtiveron representación nas Cortes “non tiveron capacidade de incidencia e estiveron sometidos ás directrices dos partidos estatais”; mentres que o goberno municipal da Coruña foi “incapaz de dialogar co Goberno central e coa Xunta para chegar a un acordo e impulsar a intermodal.”

“A Coruña e a súa comarca levan anos padecendo un déficit nas infraestruturas ferroviarias, non houbo respostas ás necesidades da cidade por parte dos sucesivos gobernos do PP e do PSOE”, dixo María Xosé Bravo, a número 2 ao Congreso. A candidata nacionalista concretou as demandas históricas da Coruña neste ámbito: “unha rede de cercanías eficiente, modernizar as conexións por tren con Ferrol e con Lugo, e ampliar a rede para dar servizo ao porto exterior”.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario