O BNG lémbralle a Ministra de Industria que é preciso manter os postos de traballo e actividade de Isowat

“Isowat é unha empresa punteira, rendíbel, cun capital humano extraordinario que non se pode perder e A Coruña precisa non só manter senón reforzar o sector industrial”, sinalan as nacionalistas

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña aproveitou a visita da ministra de Industria do Goberno do Estado Español para lle lembrar que é preciso manter os postos de traballo e actividade da empresa Isowat na cidade da Coruña.

O Bloque lembra que en decembro de 2018 o Pleno do Concello da Coruña aprobou unha moción na que se instaba a Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a conformar, xunto co Concello da Coruña, unha fronte institucional común en defensa do emprego e do mantemento da actividade industrial en Isowat.

“Hai 85 familias que dependen da continuidade da factoría Isowat. A antiga Isolux Galicia, hoxe Isowat, situada no Polígono da Grela desde 1963, é unha planta altamente rendíbel, que recibiu cartos públicos en axudas, con carga de traballo para os vindeiros anos, pioneira tanto pola formación e experiencia do seu cadro de persoal como pola súas patentes grazas ás cales os seus produtos son solicitados internacionalmente. Porén, empresa está en concurso de acredores porque o que se produciu desde que a actual propietaria adquirise Isolux Galicia foi un saqueo sistemático, tal e como sinala o informe concursal”, sinalan as nacionalistas.

Para o BNG, a cidade, a comarca e o país precisa un sector industrial forte e un impulso a la economía industrial escasa no conxunto de Galiza onde só o 6% das empresas se dedican á transformación de materias primas e o seu peso é do 19% no valor engadido bruto e é preciso poñer o foco en áreas produtivas con forte compoñente de innovación que sirvan ademais para crear unha saída laboral de calidade ao capital humano de cualificado que xera o sistema educativo galego.

A formación nacionalista lembra os datos ofrecidos polo Club Financeiro no seu “Informe de conxuntura económica” son concluíntes economía coruñesa practicamente é monocultivo: na Coruña o 83,1% da nosa economía é de servizos (centrada no comercio, o transporte e a hostalaría) e, polo tanto, as cifras de actividade industrial son máis escasas cun peso tan só dun 9,5%.

“O conxunto das Administracións públicas, cos seus gobernos á fronte a comezar polo municipal, seguindo polo galego e polo estatal, temos que ofrecer solucións para evitar a desertización industrial do noso país e particularmente da nosa cidade xa que é insostíbel unha economía exclusivamente de servizos, detrás ten que haber necesariamente un sector industrial, que ademais é o que habitualmente ofrece empregos de calidade”, conclúen as nacionalistas.

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario