“Sendo Galiza unha potencia pesqueira, ten lóxica que sobre Salvamento Marítimo se mande desde a meseta?”

Francisco Jorquera, portavoz nacionalista en María Pita, presentou este xoves 24O as propostas do BNG e materia portuaria e de seguranza marítima para as eleccións do 10N. Reproducimos aquí a seguir a súa intervención no acto.

Permitídeme que introduza este acto cunha lembranza:

Unha das miñas primeiras lembranzas cando vin vivir á Coruña é a do Erkovit varado fronte á praia de Bastiagueiro. Era o ano 1970.

O varamento daquel barco cargado de bidóns con pesticida provocou o peche á pesca e marisqueo da Ría da Coruña e que desaparecesen para sempre as bateas de mexillóns da nosa ría.

Igual que teño gravada na miña mente o impacto, ao subirme no autobús e mirar pola xanela de atrás, da imaxe da imensa nube de fume negro que cubría A Coruña. Era a nube do petróleo ardendo do Urquiola, en 1976.

Pero ao desastre do Urquiola seguiulle, en 1978, o do Andros Patria, que se foi a pique á altura das  Illas Sisargas,

O do Mar Exeo, que se foi a pique en 1992 o carón da Torre de Hércules

E tamén, en 2002,  o desastre do Prestige, pois aquela marea negra tamén chegou ás nosas costas

Poderiamos sumar a terríbel lista de accidentes e naufraxios de barcos de pesca

É lóxico, sendo Galiza unha potencia pesqueira, sendo o corredor de Fisterra un dos principais corredores marítimos internacionais, polo que transitan multitude de buques con mercadorías perigosas, que a política de seguranza e salvamento marítimo se siga ditando dende a meseta?

É lóxico que as competencias sobre o porto que vedes ás nosas costas, arredor do cal foise configurando a cidade da Coruña, sigan residenciadas en Madrid?

Para falarvos destas e outras cuestións temos hoxe connosco Néstor Rego, cabeza da lista do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, e Ana Pontón, voceira nacional do BNG

Déixovos con eles. Moitas grazas

Partilla!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on telegram
Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario